Benvidos a
Galegos na Diáspora
(c) 1989-2005 Delmi Álvarez


Europa | As Américas | Asia & Oceanía | África
home | english | donacións | partners | bio | contact | workshops | fundación | exhibition | libro

Galegos na Diáspora é un proxecto fotodocumentalista de autor, levado a cabo entre os anos 1989 e 2009 polo fotoxornalista Delmi Álvarez (Vigo, Galicia, 1958) arredor do mundo, seguindo as rutas de milleiros de galegos e galegas emigrantes. Con concepto de autor, mesmo crónicas de viaxes, Delmi Álvarez ten fotografado as comunidades de galegos nos seus respectivos lugares de residencia e traballo, dende a vella Europa até as Antípodas, "... pasando por Compostela" como a él lle gusta engadir: Europa, As Américas, Asia-Oceanía e África, Rusia. En outubro de 2005 inaugurase en Vigo unha gran exposición das fotografías, que máis tarde viaxará a outras cidades de Galiza,  Bos Aires e Montevideo. Tamén se ten previsto que viaxe polas máis importantes cidades españolas e naquellas comunidades de galegos no estranxeiro. Paralelamente coa exposición o fotoxornalista impartirá workshops abertos a interesados na fotografía ou nas viaxes. "Valentin Paz Andrade, foi un dos galeguistas na emigración que máis infuiron no meu proxecto, o mesmo que Carlos Casares eterno viaxeiro, ou o escritor e profesor Xesús Alonso Montero, e sobre todo a miña avóa Rosalía. viaxeira incansable que me fixo soñar con tantas aventuras de Cuba...".




Partners
|
Credits
 

All HTML and Graphics © 1998-2005 by Photojournalism Notebooks and The Global Camera. Photos © Delmi Álvarez
Co-produced by Delmi Álvarez and The Global Camera Associateds
Designed and Developed by
(c) The Global Camera